Exame Julho 2019 1. 1. Orificio por onde sae o eixo da hélice ao exterior chámase: (I - NOMENCLATURA NÁUTICA) a) Arbotante. b) Bocina. c) Chumace ira. d) Imbornal. Ninguna 2. 2. Que é unha hélice dextroxira? (I - NOMENCLATURA NÁUTICA) a) É a que vira no sentido horario na marcha avante. b) É a que vira en sentido antihorario na marcha avante. c) É a que ten un mecanismo no interior do seu núcleo, que cando o eixo non xira, permite que as pas se preguen. d) É a que pode modificar o paso da hélice. Ninguna 3. 3. As billas de fondo son: (I - NOMENCLATURA NÁUTICA) a) Válvulas de mar colocadas por baixo da liña de flotación co obxecto de dar ou cortar o paso da auga de mar utilizada para distintos servizos do barco. b) Máquinas destinadas a expulsar líquidos acumulados no interior do barco, ao obxecto de deixar secas as sentinas. c) Orificios practicados na obra viva, preto do fondo por onde se aspira a auga de mar para refrixeración do motor. d) Orificios practicados no casco que serven para dar saída á auga que poida embarcar durante a travesía. Ninguna 4. 4. Dicimos que o buque ten asento negativo cando: (I - NOMENCLATURA NÁUTICA) a) Calado de proa é maior que o de popa. b) A diferenza entre os calados de popa e proa é inferior ao calado medio. c) Calado de popa é maior que o calado de proa. d) Calado de popa e proa son iguais. Ninguna 5. 5. Que é o borneo? (II -ELEMENTOS DE AMARRE E FONDEO) a) Unha parte da áncora. b) A acción de desprazarse o buque por efecto do vento cando está fondeado. c) A acción de virar o buque en torno á áncora. d) A acción de ir arrastrando a áncora polo fondo. Ninguna 6. 6. O orinque é: (II - ELEMENTOS DE AMARRE E FONDEO) a) Un cabo que se une á cruz da áncora por un chicote e a un boiarín polo outro para poder levar e recuperar a áncora no caso de que esta se enroque. b) Un nó que serve para unir polos seus chicotes dous cabos dunha mesma mena. c) Un nó que serve para unir un cabo cunha argola. d) Un pau cun gancho metálico no extremo que serve para recoller a guía ou as amarras. Ninguna 7. 7. Cal destas afirmacións é correcta? (III - SEGURIDADE) a) Para realizar a masaxe cardíaca débese situar ao paciente boca arriba sobre un plano acolchado que estea lixeiramente inclinado. b) Para realizar a masaxe cardíaca débese situar ao paciente boca abaixo sobre superficie plana e dura. c) Para realizar a masaxe cardíaca débese comprimir fortemente sobre o terzo inferior do esterno. d) As respostas B e C son correctas. Ninguna 8. 8. Durante unha manobra de remolque, como procederán o remolcador e o remolcado á hora de navegar: (III - SEGURIDADE) a) O remolcado debe despreocuparse do remolcador, xa que unha vez dado o cabo de re molque, como remolcado non ten sentido actuar de ningún xeito na navegación. b) O remolcado debe tratar que o cabo de remolque chame ao remolcador o máis de popa posible, metendo o temón á banda contraria á de caída do remolcador cando este cambia o seu rumbo co obxecto de seguir a súa estela. c) O remolcado debe tratar que o cabo de remolque chame ao remolcador o máis de popa posible, metendo o temón á banda de caída do remolcador cando este cambia o seu rumbo co obxecto de seguir a súa estela. d) O remolcado é o encargado de poñer rumbo a destino, polo que dará as ordes pertinentes ao remolcador a través do VHF para que nunca cruzamento a súa proa. Ninguna 9. 9. Que aparello serve para que o noso buque sexa detectado no radar doutros barcos? (III - SEGURIDADE) a) O AIS. b) As bandas reflectoras. c) O Reflector radar. d) O Radar. Ninguna 10. 10. Que danos pode provocar a caída dun raio a bordo ou nas proximidades do noso buque? (III - SEGURIDADE) a) Danos ao casco. b) Danos á electrónica. c) Alteracións na agulla magnética. d) As respostas B e C son correctas. Ninguna 11. 11. Está permitido fondear a menos de 200 metros dunha praia balizada? (IV - LEXISLACIÓN) a) Si, sempre que o fagamos de forma perpendicular á costa. b) Si, sempre que o fagamos de forma paralela á costa. c) Si, pero só en lugares habilitados para ese efecto. d) Non está permitido en ningún caso. Ninguna 12. 12. En que circunstancias se permite tirar materias plásticas á mar: (IV - LEXISLACIÓN) a) Se estamos a máis de 12 millas de costa. b) Está totalmente prohibido. c) Se estamos entre 3 e 12 millas de costa se posuímos un equipo para desmiuzar o plástico. d) Se se posúe un permiso da autoridade portuaria, na zona que este marque. Ninguna 13. 13. Se observamos una boia que emite grupos de dous escintileos brancos, sabemos que estamos ante unha marca de: (V - BALIZAMENTO) a) Augas navegables. b) Perigo illado. c) Canle principal a estribor. d) Canle principal a babor. Ninguna 14. 14. Unha baliza cónica verde con franxas horizontais vermellas e verde de tope indícanos: (V - BALIZAMENTO) a) Que é unha marca lateral de babor. b) Que é unha marca lateral de estribor. c) Unha bifurcación de cani e coa canle principal a babor. d) A existencia dun perigo illado. Ninguna 15. 15. Unha marca cardinal norte, que nos indica? (V - BALIZAMENTO) a) Que as augas máis profundas encóntranse ao norte da marca. b) Que as augas máis profundas encóntranse ao sur da marca. c) A dirección na que se atopa o Norte. d) Que ao vela é conveniente poñer rumbo norte. Ninguna 16. 17. De que cor son as marcas especiais? (V - BALIZAMENTO) a) Vermello. b) Negro. c) Verde. d) Amarelo. Ninguna 17. 18. Que entendemos por buque de vela? (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Aquel que non leva motor. b) Aquel que leva as velas izadas e o motor en marcha. c) Aquel que navegando a vela leva un triángulo negro no pau co vértice cara abaixo. d) Todo buque navegando a vela sempre que a súa maquinaria propulsora, en caso de levala, non se este utilizando Ninguna 18. 19. A expresión "buque restrinxido polo seu calado" significa: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Un buque de propulsión mecánica que, por razón do seu calado en relación coa profundidade dispoñible de auga, ten moi restrinxida a súa capacidade de apartarse da derrota que está seguindo. b) Todo buque que por calquera circunstancia excepcional e incapaz de manobrar na forma esixida polo regulamento, e por conseguinte non pode apartarse da derrota de outro buque c) Todo buque que, debido a natureza do seu traballo, ten reducida a súa capacidade para manobrar na forma esixida polo Regulamento. d) Todas as respostas son falsas. Ninguna 19. 20. As regras de rumbo e goberno aplicaranse... (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) So de día. b) So de noite. c) Cando exista risco de abordaxe. d) En calquera condición de visibilidade. Ninguna 20. 21. Quen debe gobernar cando un buque alcanza a outro? (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) O de babor. b) O de estribor. c) O alcanzado. d) O que alcanza. Ninguna 21. 22. Nunha canle angosta o buque que navegue a vela: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Terá preferencia e deberá ser manobrado. b) Terá que manobrar nos casos que se contempla igual que en mar aberto. c) Terá que manobrar a tódolos barcos maiores que el. d) Non estorbará o tránsito de buques que só poidan facelo pola canle angosta. Ninguna 22. 23. Cando finaliza a situación de alcance? (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Cando o buque que alcanza haxa adiantado completamente o outro e este completamente en franquía. b) Cando o buque que alcanza este a máis de 22.5º do través a proa do outro buque. c) Cando os dous buques acorden que finalizou o adiantamento. d) Cando o buque que alcance se encontre a menos de 22.5° do través a proa do outro buque. Ninguna 23. 24. Entrando en porto coa nosa embarcación a motor, vemos un buque saíndo del con un cilindro izado e unha driza ben visible, temos que: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Seguir a rumbo, pois xa manobrará el. b) Manobrarlle, pois e un buque restrinxido polo seu calado. c) Aloxarnos, pois leva a bordo mercancías perigosas. d) Achegamos, pois pídenos auxilio. Ninguna 24. 25. Un buque de vela de 8 metros de eslora, navegando de noite a unha velocidade de 6 nós, pode exhibir: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Luces de costado e luz de alcance. b) Una luz branca todo horizonte e luces de costado. c) E suficiente con ter a man para o seu uso inmediato unha lanterna ou un farol con luz branca. d) Unha única luz branca todo horizonte. Ninguna 25. 26. As luces que identifican a un buque sen goberno son: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Dúas luces vermellas todo horizonte en liña vertical. b) Unha luz vermella todo horizonte no lugar máis visible. c) Dous topes vermellos, a popa máis alto que o de proa. d) Tres luces todo horizonte en liña vertical, a superior e a inferior vermella e a central branca Ninguna 26. 27. As luces que debe exhibir unha embarcación con arrancada dedicada a practicaxe son: (VI - REGULAMENTO (RIPA)) a) Vermella sobre branca, todo horizonte e luces de costado e alcance. b) Branca sobre vermella, todo horizonte e luces de costado e alcance. c) Branca sobre vermella, todo horizonte. d) Se a eslora inferior a 12 m, daquela una luz branca todo horizonte, ademais de costado e alcance. Ninguna 27. 28. Con vento duro de proa, que cabos reforzaremos: (VII -MANOBRA E NAVEGACIÓN) a) Largo de proa e spring de popa. b) Largo de proa e spring de proa. c) Largo de proa e través de popa. d) Largo de proa e través de proa. Ninguna 28. 29. Unha embarcación equipada con unha hélice levoxira se damos marcha atrás tendo o temón a vía, a que banda nos caerá a popa? (VII -MANOBRA E NAVEGACIÓN) a) A estribor, b) A babor. c) A ningunha banda xa que o temón témolo a vía. d) A mesma banda do sentido de xiro da hélice. Ninguna 29. 30. Os lumes de combustibles sólidos, xeralmente de materia orgánica o cal a súa combustión realizase normalmente con formación de brasas (madeira, carbón, papel, etc.) son de clase: (VIII - EMERXENCIAS NO MAR) a) Clase C. b) Clase A. c) Clase F. d) Clase B. Ninguna 30. 31. Que é un espiche? (VIII - EMERXENCIAS NO MAR) a) Un pallete de colisión. b) Un tapón para taponar pequenas vías de auga. c) Un coferdán. d) Ningunha das respostas e correcta. Ninguna 31. 32. Que medida adoptara o náufrago na auga? (VIII - EMERXENCIAS NO MAR) a) Adoptará a posición HELP. b) Adoptará a posición HUDDLE. c) Intentará nadar pequenas distancias, para entrar en calor. d) Fará aquela que crea que lle pode axudar a sobrevivir. Ninguna 32. 33. A medida da presión normal ao nivel do mar a 0º Ce a unha latitude de 45º é: (IX - METEREOLOXÍA) a) 760 mm de Hg (mercurio). b) 1013,25 mb. c) 1 atmosfera. d) Todas as respostas son correctas. Ninguna 33. 34. O virazón é: (IX - METEREOLOXÍA) a) Un vento térmico, que sopra durante o día dende terra cara ao mar. b) Un vento térmico, que sopra durante o día dende o mar cara a terra. c) Un vento térmico, que sopra durante a noite dende terra cara ao mar. d) Un vento térmico, que sopra durante a noite dende o mar cara a terra. Ninguna 34. 35. As borrascas no hemisferio norte se moven (debido o vento que circula polo seu interior): (IX - METEREOLOXÍA) a) Da isobara de maior presión a de menor presión no sentido das agullas do reloxo. b) Da isobara de menor presión a de maior presión no sentido das agullas do reloxo. c) Da isobara de maior presión a de menor presión no sentido contrario as agullas do reloxo. d) Da isobara de menor presión a de maior presión no sentido contrario as agullas do reloxo. Ninguna 35. 36. O número de horas que soprou o vento na mesma dirección e coa mesma intensidade se denomina: (IX - METEREOLOXÍA) a) Fetch. b) Intensidade. c) Persistencia. d) Refrescar. Ninguna 36. 37. O faro de Punta Malabata mostra as seguintes características ''Fl.5s22M'' que significa: (X -TEORÍA DE NAVEGACIÓN) a) Luz fixa, cun período de 5 segundos e unha elevación de 22 metros. b) Luz fixa, cun período de 5 segundos e un alcance de 22 millas. c) Escintileos simples, cun período de 5 segundos e unha elevación de 22 metros. d) Escintileos simples, cun período de 5 segundos e un alcance de 22 millas. Ninguna 37. 38. Cal é a natureza do fondo si nunha carta náutica encontramos a abreviatura ''M'': (X -TEORÍA DE NAVEGACIÓN) a) Area. b) Fango. c) Rocha. d) Algas. Ninguna 38. 39. Que cartas se denominan de punto maior? (X -TEORÍA DE NAVEGACIÓN) a) As que representan unha gran extensión de superficie terrestre. b) As que representan a zona comprendida entre os círculos polares e os polos. c) As que representan unha pequena extensión da superficie terrestre, como as zonas costeiras. d) A que se empregan para as navegacións oceánicas. Ninguna 39. 40. O arco de meridiano contado dende o Ecuador ata o paralelo que pasa polo observador é: (X -TEORÍA DE NAVEGACIÓN) a) Latitude. b) Diferencia de latitude. c) Lonxitude. d) Diferencia de lonxitude. Ninguna 40. 41. O rumbo S70ºW equivale en circular a: (X -TEORÍA DE NAVEGACIÓN) a) 290º b) 200° c) 160º d) 250º Ninguna 41. 42. Sendo Hrb 09:00, un iate se encontra en situación l = 36º 00,6' N e L = 006° 13,0' W e navega a rumbo de agulla (Raº)= S35ºE, declinación magnética (dm)= 01º NW, desvío do iate (L'i)= 06º NE, velocidade de máquinas= 8 nós. Se pide situación estimada a Hrb 09:45. (XI - CARTA DE NAVEGACIÓN) a) le= 35º 55,4' N Le= 006º 09,2' W b) le=35º55,4'N Le=006 17,S' W c) le=35º52,6'N Le= 006º 12,0' W d) le=35º58,4'N Le = 006º 06,4' W Ninguna 42. 43. Sendo Hrb 11:00 un iate navega a rumbo de agulla (Raº) = W, se encontra na oposición de Punta Almina FI(2)10s22M con Punta Europa Iso.W&Oc.R.!Os19/15M e toma demora de agulla (Daº) de Punta Europa FI(2)10s22M = 350°, simultaneamente toma marcación (M) de Punta Cires FI(3)10s18M = 29º babor, Se pide a situación observada a Hrb 11:00. (XI - CARTA DE NAVEGACIÓN) a) le=36º01,8'N Le= 005º 18,8' W b) le=36º03,4'N Le= 005º 19,4' W c) le= 36º 00,0' N Le= 005º 18,6' W d) le= 35º 57,4' N Le= 005º 17,4' W Ninguna 43. 44. Sendo Hrb 16:00, un iate se encontra en situación 1 = 35° 58,0' Ne L = 005º 50,0' We pon rumbo o espigón do porto de Tánger FI(3)12sl4M, declinación magnética (dm) = 01º NW, desvío do iate (~) = 05° NE, velocidade de máquinas = 12 nós. Se pide rumbo de agulla (Raº) ao espigón porto de Tánger e hora de chegada (Hrb). (XI - CARTA DE NAVEGACIÓN) a) Raº= 173º Hrb= 16:53 b) Raº= 173º Hrb = 17:00 c) Raº= 165º Hrb= 16:54 d) Raº= 160º Hrb = 16:35 Ninguna 44. 45. O día 09 de xullo do 2019, un iate está atracado no porto de Vigo sendo ás 10:30 UTC nun lugar onde a sonda da carta (Sc) = 3 metros. Quere partir coa próxima preamar. Cal será a sonda do momento da preamar si a presión atmosférica prevista (P) = I 020 mb. (XI - CARTA DE NAVEGACIÓN) a) Sm= 6,14 metros. b) Sm= 6,79 metros. e) Sm= 5,75 metros. d) Sm= 5,40 metros. Ninguna 45. 16. Si vemos un grupo de nove escintileos rápidos, estamos vendo: (V - BALIZAMENTO) a) Unha marca cardinal Sur. b) Unha marca cardinal Norte. c) Unha marca cardinal Este. d) Unha marca cardinal Oeste. Ninguna Time's up